Acto de entrega dos VI Premios á Innovación Educativa e Mellora da Calidade Docente na USC
O reitor Senén Barro presidirá este mércores, día 6, o acto de entrega dos VI Premios á Innovación Educativa e Medllora da Calidade Docente na USC que terá lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 13:30 horas. O evento contará coa presenza de varios vicerreitores así como dos membros do xurado encargados de avaliar os traballos presentados a concurso.
A convocatoria ten como finalidade fomentar a innovación educativa no ensino superior para dar pulo aos procesos de mellora do ensino-aprendizaxe nos centros e departamentos da Universidade de Santiago, e contribuír á colaboración institucional na construción do espazo europeo de ensino superior, tendo como referencia os principios fundamentais expresados na Declaración de Bolonia.