Ir o contido principal

Acto de graduación da primeira promoción do grao en Enfermaría

A primeira promoción de graduados e graduadas en Enfermaría celebra este venres 3 de maio o seu acto de graduación nunha sesión que comezará ás 18.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O acto presidirao a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, e dará comezo coas intervencións dos representantes do alumnado, Sara Val e Roberto Picos, aos que seguirán os tamén integrantes da promoción, Berta Novegil e Luís Almeida Delgados. Continuarán a quenda de intervencións a madriña e padriño, a profesora Elena Virginia Rodrigo e o profesor José Marcelino García, aos que seguirán Rosalía Morlán que dará lectura a un poema. Deseguido, intervirán a supervisora de área, Mª Jesús Rosón Ferreiro, o director de Procesos de Enfermaría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Enrique González, e a decana da Facultade, María Jesús Núñez. A entrega de diplomas conmemorativos aos 130 integrantes da promoción precederá á clausura oficial do acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2013.