Acto de graduación dunha nova promoción da Licenciatura en Medicina
O reitor Juan Casares presidirá este mércores 13 o acto académico de graduación dunha nova promoción da Licenciatura en Medicina, nunha sesión que se celebrará a partir das 12:30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. O profesor Arturo González Quintela, como padriño desta promoción, abrirá a quenda de intervencións, na que lle seguirá Laura Lozano Guede que intervirá representando aos alumnos da promoción. A entrega de diplomas conmemorativos da graduación dará paso ao decano da Facultade, Juan Gestal Otero. A promesa da Declaración de Xenebra, precederá á clausura do acto, a cargo do reitor compostelán. Na mesa presidencial estarán presentes, ademais do reitor e do decano, o presidente do Consello Social, Manuel Puga Pereira; a xerenta do CHUS, Rosa Bermejo; Francisco Barreiro Morandeira, en representación da Academia Médico Cirúrxica; e o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, ademais de membros do equipo decanal da Facultade e do cadro de persoal docente.