Ir o contido principal

Acto homenaxe na Facultade de Ciencias da Comunicación a Xosé María Palmeiro

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este xoves 30 un acto homenaxe ao xornalista Xosé María García Palmeiro, primeiro decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en recoñecemento a súa traxectoria profesional en diferentes medios de comunicación e institucións. A xornada comezará ás 11.00 horas no Salón de Actos do centro compostelán coa participación, ademais do homenaxeado, do decano da Facultade, Xosé Pereira; do decano e vicedecano da organización colexial, Xosé Manuel Pereiro e Xosé Manuel Vega; e dos/as xornalistas, Rosa Aneiros, Antón Luaces e Ana Pérez. ‘Cando PC era só un partido. O xornalismo feito a man. Corenta anos de profesión de XM Palmeiro’ será o lema da xornada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2014.