Ir o contido principal

Acto protocolario de toma de posesión do decano da Facultade de Física

O reitor Juan Casares presidirá este martes 16 o acto protocolario de toma de posesión do profesor Luis Miguel Varela Cabo como decano da Facultade de Física. Será nunha sesión que comezará ás 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. O profesor do Departamento de Física da Materia Condensada Luis Miguel Varela Cabo resultou elixido novo decano da Facultade de Física nunha votación celebrada o pasado mes de maio. O equipo decanal estará composto ademais por José Manuel Sánchez de Santos como vicedecano e Elena López Lago como secretaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2010.