Acto de recoñecemento ao estudantado cos mellores expedientes dos centros de Ensino Medio de Galicia

O estudantado cos mellores expedientes de centros de ensino medio de Galicia foron recoñecidos este xoves 22 nun acto conmemorativo que se desenvolveu no Multiusos Fontes do Sar e no que recolleron os seus diplomas un total de 1.000 estudantes dos 1139 que obtiveron unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). En total, deses 1139, 364 son homes e 775, mulleres.
Na distribución por provincias, 539 proceden de A Coruña, 130 de Lugo, 114 de Ourense e 357 de Pontevedra. En representación do profesorado do Ensino Medio asistiron 152 profesores/as. Celso Rodriguez Fernández, delegado do reitor da USC para o Ensino Medio, exerceu de moderador do evento e foi o encargado de realizar os chamamentos para a entrega de diplomas ao estudantado galardoando. Canda os reitores das tres universidades públicas galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC), tamén participaron no acto a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O acto de entrega contou tamén coa participación de Dulce Mª García Mella, secretaria xeral da USC; Pilar Murias Fernández, vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC; Francisco J. Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo da USC; Natalia Caparrini Marín, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da UVigo; María Jesús Movilla Fernández, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC; Olga López Rocamonde, concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores do Concello de Lugo; Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra; Mª del Carmen Pieltain Fernández, concelleira delegada de Mobilidade e Seguridade do Concello de Ferrol; María José Lombardía Cortiña, vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC; Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente da UVigo; e Susana Reboreda Morill, vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo. Entre alumnado, profesorado e familiares, o acto congregou a arredor de 4.000 persoas.