Ir o contido principal

Acto simbólico de entrega dos agasallos de Nadal ás mulleres da asociación CentinELAS

Os padriños e madriñas da USC que participan na campaña de Nadal da asociación CentinELAS asistirán este xoves 21 a un acto simbólico de entrega dos agasallos ás mulleres coas que traballa a entidade social.

Co acto, a desenvolver a partir das 11:30 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, pretende visibilizarse o esforzo da asociación coas mulleres en situación de exclusión coas que traballan así como o papel da USC como axente social.

A Asociación CentinELAS traballa con mulleres e familias compostas por mulleres xestantes ou con crianzas en idade escolar, moitas delas monoparentais, en situación ou en risco de exclusión social. Aproveitando as festas do Nadal, a proposta da asociación coa que colabora a USC concrétase en que estas mulleres recuperen a ilusión e sintan que son merecedoras de recibir un agasallo persoal.

Ao chamado deste ano responderon 98 madriñas e padriños da comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2017.