Ir o contido principal

Actos de fin de carreira de Enxeñaría Química, Historia e Enxeñaría Técnica Agrícola

Os universitarios que este ano rematan os seus estudos de Enxeñaría Química, Historia e Enxeñaría Técnica Agrícola celebran este sábado 8 de maio os seus correspondentes actos de fin de carreira.
Ás 11:30 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría comezará o acto da duodécima promoción de Enxeñaría Química, presidido pola vicerreitora de Investigación, María José Alonso. Intervirán tamén o director da ETSE, Juan Lema; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo; a presidenta do Colexio de Enxeñeiros Químicos de Galicia, Almudena Hospido; o representante dos alumnos, Diego López; e o padriño da promoción, o profesor Juan Casares Long.
Acto en HistoriaÁs 17:00 horas comezará no Paraninfo da Universidade o acto de fin de carreira da Licenciatura de Historia, que presidirá a secretaria da facultade, Pilar Rodríguez. Nesta celebración tamén intervirá o profesor Carlos Bermejo, como padriño da promoción.
Fin de carreira dos enxeñeiros agrícolas en LugoUn acto que comezará ás 19:00 horas no Hotel Jorge I de Lugo servirá para celebrar a fin de carreira dos estudantes das catro especialidades en Enxeñaría Técnica Agrícola que se imparten na Escola Politécnica Superior do campus lugués.
Será o director desta escola, Javier Bueno, quen inaugure o acto para dar logo paso ás intervencións dos alumnos e os profesores que apadriñan a promoción de cada unha das especialidade. Manuel Méndez será o padriño dos alumnos de Mecanización e Construcións Rurais; Elvira López dos de Hortofruticultura e Xardinería; Roberto Lorenzana fará o propio cos de Explotacións Agropecuarias; e Juan Mesas apadriñará á promoción de Industrias Agrarias e Alimentarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2010.