Ir o contido principal

Actos de fin de carreira de Matemáticas, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Informática

Saen da USC os primeiros graduados de España en Enxeñaría Informática

A Facultade de Matemáticas e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) acollen este venres, 7 de maio, os seus correspondentes actos de fin de carreira.
Ás 18:00 horas na Aula Magna comezará o acto de Matemáticas, que estará presidido polo vicerreitor de Profesorado e Organización Académica, Juan Viaño. Intervirán tamén a decana do centro, María Victoria Otero Espinar; os estudantes Lucía Acuña Pérez, Vanesa Balboa Barreiro e Carlos Fernández Gómez; e os padriños do curso, Óscar López Pouso e Pilar Mato Eiroa.
Dobre acto na ETSEO acto na ETSE, ás 19:00 horas na Escola, servirá para celebrar a fin de carreira da V promoción de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e da primeira do Grao en Enxeñaría Informática, primeiros graduados da USC cunha titulacion adaptada a Bolonia (xunto con economicas) e os primeiros en España en acadar este titulo.
Será o reitor Senén Barro quen inaugure a celebración, para logo dar paso ás intervencións dos alumnos Juan David Otero Vázquez e Ángel Fernández Briones; do padriño da promoción de Enxeñaría Informática, Manuel Mucientes Molina; do padriño da promoción de ETIS, Xosé Manuel Pardo López; do coordinador de Informática, David López Vilariño; do vice presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Miguel Abal; do director do Departamento de Electrónica e Computación, Javier Díaz Bruguera; e do director da ETSE, Juan M. Lema.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2010.