Ir o contido principal

Actuación do Espazo de Danza nos cursos de verán

O Espazo de Danza da Vicerreitoría de Cultura da USC actuará este xoves 17, ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) como apoio ao curso de verán da USC ‘Comunicar arte, comunicar coa arte’, que se está a desenvolver dende o mércores neste mesmo centro da Coruña.
Os bailaríns, estudantes no campus de Lugo, representarán a peza ‘O falar calado’, composta polo director do Espazo de Danza, Juan Carlos Zahera. Esta mesma peza formou parte tamén do programa do curso de verán ‘Educación emocional: a aventura de converterse en persoa’, que se está a desenvolver en Sarria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.07.2008.