Ir o contido principal

Actuación do grupo galego de clown 'Os 7 magníficos + 1' na Residencia Universitaria Monte da Condesa

O grupo galego de clown ‘Os 7 magníficos + 1’ representarán este mércores, 1 de outubro, a obra satírica O Gordo e o Calvo van ao médico. A actuación terá lugar ás 22:30 horas na sala de coloquios do segundo andar da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Tras o éxito acadado coa produción O gordo e o calvo, Os 7 magníficos + 1 recuperan nesta nova obra as súas dúas personaxes máis populares actualizando algunha vella farsa dos pallasos de circo e mesturándose con situacións cómicas novas de creación propia.
As verdadeiras protagonistas de O Gordo e o Calvo van ao médico son a tolemia e a improvisación constante que despregan sobre o escenario os dous actores. Unha aloucada serie de situacións e personaxes do máis ridículos e divertidos na procura da gargallada do público.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2008.