Ir o contido principal

AENOR remata a auditoría para a renovación da certificación ISO ao Sistema de Xestión de Calidade da Área Académica da USC

AENOR realizou os pasados días a auditoría de renovación da certificación ISO 9001 que ten recoñecido o Sistema de Xestión de Calidade da Área Académica da USC dende marzo de 2005. Este sistema universitario está formado polos servizos de Xestión Académica e de Xestión da Oferta e Programación Académica e pola Oficina de Análise e Reclamacións.
No desenvolvemento do traballo cotiá deste sistema participan directamente máis de cen traballadores da USC o que supón un compromiso sólido da institución Compostela coa calidade entendida como instrumento de mellora.
AENOR, unha vez analizado o informe desta auditoría, procederá a comunicar a renovación ou non da certificación mantida durante os últimos tres anos. As principais conclusións nesta fase de avaliación, segundo o vicexerente académico Francisco Colomer, “son moi positivas” no relativo á mellora na atención aos usuarios, participación e implicación dos traballadores no Sistema e no referente a mellora continua dis procesos para os que ten alcance.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2008.