Ir o contido principal

A agrupación Decamerón & Cía ofrece o cuarto concerto do ciclo 'Música na Compañía'

A agrupación Decamerón & Cía ofrece este xoves 7 na Igrexa da Universidade a partir das 20:30 horas o cuarto concerto do ciclo ‘Música na Compañía’ co título ‘O xuízo da adúltera Filipa’. A entrada é libre.
‘O xuízo da adúltera Filipa’ é un espectáculo no que se mestura a narración de contos do Decamerón de Boccacio e do Conde Lucanor coa música do Trecento italiano e do Renacemento Español. Cunha escena núa, e valéndose unicamente da extraordinaria capacidade narrativa da actriz Charo Pita e da forza da música en vivo interpretada con instrumentos históricos, DECAMERÓN & CÍA intenta revivir outras épocas nas que as melodías e a voz enchían de imaxes as mentes dos homes e das mulleres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2007.