Ir o contido principal

Altaga organiza unha xornada divulgativa sobre as propiedades do mel de Galicia e unha cata na Facultade de Ciencias

Un técnico do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia impartirá o día 30 de setembro esta sesión aberta ao público e de carácter gratuíto. A inscrición permanece aberta

A Asociación de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos (Altaga) celebrará o vindeiro 30 de setembro, a partir das 17.00 horas, na Facultade de Ciencias do campus de Lugo, unha xornada divulgativa sobre as propiedades e características do mel que se atopa baixo o amparo do selo de calidade da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

Esta xornada divulgativa, de carácter gratuíto e aberta á participación de toda a cidadanía, estará guiada por un técnico do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia, que logo de ensinar ás persoas participantes cómo apreciar e distinguir as características do mel, conducirá tamén unha cata na que os participantes poderán degustar cinco meles diferentes. As persoas interesadas en participar nesta xornada divulgativa sobre as propiedades do mel con IXP Mel de Galicia poden formalizar a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico altaga [at] gmx.es (altaga[at]gmx[dot]es) ou no número de teléfono 982 824 146.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2014.