Ir o contido principal

A alumna de Dereito Alba Vázquez, mellor oradora da III Moot Court

A estudante da USC Alba Vázquez, segunda pola esquerda, posando co seu recoñecemento.
A estudante da USC Alba Vázquez, segunda pola esquerda, posando co seu recoñecemento.
Trátase dunha iniciativa na que equipos de estudantes de universidades españolas simulan vistas de xuízos de gran complexidade

A alumna da Facultade de Dereito da USC Alba Vázquez Rodríguez foi elixida mellor oradora da III Moot Court da Asociación Española para o Estudo do Dereito Europeo (AEDEUR). Esta estudante formaba parte do equipo da USC que, por terceiro ano consecutivo, participaba na final no certame e que estaba composto tamén por Rosalía Suárez Sánchez, Xiana Suárez García e Andrea Vázquez Baqueiro, coordinadas pola área de Dereito Internacional Público.

A Moot Court de Dereito da UE é unha iniciativa na que 18 universidades españolas participaron nunha vintena de vistas celebradas no Consello Xeral da Avogacía Española e no salón de plenos do Tribunal Supremo simulando xuízos dunha gran complexidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.03.2024.