Ir o contido principal

Unha alumna do IES Rosalía de Castro gaña o concurso de relatos da USC

A estudante Sabela Roibás Méndez, do IES compostelán Rosalía de Castro, gañou a oitava edición do concurso de relatos ‘Como te imaxinas na USC?’ que convoca o programa A ponte entre o ensino medio e a USC. De entre os moitos presentados a través dos institutos e centros privados de ensino medio de toda Galicia o xurado valorou especialmente o traballo ‘Quen hai no espello?’ da alumna de Santiago, a quen lle correspondeu un ordenador portátil e outro para o centro onde cursa os estudos. De igual maneira fíxose unha mención ao relato ‘Páxinas dun diario en branco’ de Daniel Luis Naranjo, alumno do IES Cosme López Rodríguez da Rúa (Ourense), que recibirá un teléfono móbil e outro para o instituto. Os premios entregaranse o 1 de xullo no Auditorio Gustavo Freire de Lugo nun acto público presidido polo reitor da USC, Juan Casares Long.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2011.