Ir o contido principal

Alumnado de Dereito e Criminoloxía inician un ciclo de actos de benvida institucional a novo alumnado

A recepción celebrouse no Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
A recepción celebrouse no Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
O reitor Antonio López celebrará estes actos de xeito rotatorio en futuros cursos académicos para marcar o inicio dun novo período lectivo
Santiago de Compostela

Alumnado dos grao en Dereito e Criminoloxía foron os primeiros que participaron nunha serie de actos de benvida que o reitor Antonio López celebrará de xeito rotatorio en futuros cursos académicos para marcar o inicio dun novo período lectivo. Un acto similar celebrouse a comezos desta mesma semana no Campus lugués.

Nunha xornada celebrada no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alumnado da Facultade de Dereito recibiu información sobre o funcionamento de determinados servizos universitarios como a Biblioteca universitaria, a Área de Deportes ou o Centro de Linguas Modernas. Na visita estiveron acompañados do decano do centro, Gumersindo Guinarte, e dunha representación de profesorado de ambas as dúas titulacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2019.