Alumnado do IES Rosalía de Castro participa nun campus científico na USC
A ANPA do IES Rosalía de Castro en colaboración coa Universidade de Santiago organiza esta semana un campus científico no que estudantes de 3º e 4º da ESO participan en diversas actividades coa fin de que coñezan e traballen na contorna universitaria.
O vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, inaugurou esta mañá o Campus STEM na Facultade de Bioloxía, onde continuaron cun experimento sobre os microbios (cuxos resultados coñecerán o venres) e asistiron a unha charla sobre solos.
Nas seguintes xornadas participarán nunca xincana de química, nun roteiro histórico e paisaxístico pola cidade e experimentos físicos, sobre intelixencia artificial a través dos algoritmos evolutivos e sobre tratamento de augas residuais.