Ir o contido principal

Alumnado de mestre en Educación Primaria explora as posibilidades pedagóxicas da música cun proxecto no colexio López Ferreiro

O proxecto desenvólvese este días no CEIP López Ferreiro
O proxecto desenvólvese este días no CEIP López Ferreiro
O proxecto ‘Sons de conciliación’ aborda a través de elementos da linguaxe musical a conmemoración do Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos...

Alumnado de 2º grao de Mestre/a en Educación Primaria desenvolve na materia de Música do CEIP López Ferreiro o proxecto ‘Sons de conciliación’ co que abordan a través de elementos da linguaxe musical a conmemoración do Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados. Esta é unha iniciativa que coordina a profesora Laura Tojeiro a través da escolla dun día internacional de relevancia social e ambiental para traballar a interdisciplinariedade dende a música. O pasado curso alumnado da mesma titulación traballo arredor do décimo quinto aniversario do Prestige e, con anterioridade, o Día da Terra.

Durante esta pasada semana e a presente, o grupo de estudantes da titulación de Mestre/a traballan con alumnado de 5º e 6º de Primaria e en todos os cursos de Infantil a través de recursos infantís sobre a temática proposta. Para a sonorización, empregan dende instrumentos ata material de reciclaxe, percusión corporal, obxectos sonoros fabricados polos/as participantes e elementos da vida cotiá como moedas, bolígrafos, papeis, botellas, cocos ou escobas.

As temáticas tratadas a través destes relatos sonoros relaciónanse sempre con este día internacional e van dende a guerra e os conflitos armados, ata a explotación do medio ambiente, o cambio climático, a emigración ou a cooperación, sempre tratadas a través da música e a narración.

Na experiencia participa alumnado de Mestre/a en Educación Infantil Está dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria, así como a todos os cursos de educación infantil

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2018.