Ir o contido principal

Alumnado de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como material didáctico

Durante dúas horas, de 11.00 a 13.30 horas, un grupo de catorce escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela xunto coas súas docentes impartirán docencia o vindeiro luns 4 de abril na Facultade de Ciencias da Educación (aula 24 do edificio de Campus Norte). Esta é unha iniciativa que se desenvolve no marco das actividades complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º curso do grao de Mestre.

Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui xunto co grupo de escolares amosarán como a través de técnicas de traballo cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento. Concretamente, o alumnado de 5º e 6º do centro de Virxe de Cela son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación explicarán o proceso de traballo realizado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2017.