Alumni USC mantén aberto ata o 15 de outubro o prazo do seu certame de relato curto
Os traballos, en lingua galega e de temática libre, optarán a un premio de 500 euros
A décimo oitava edición do certame de relato curto que impulsa Alumni USC mantén aberto ata o 15 de outubro o prazo de presentación de orixinais. Os traballos, inéditos en lingua galega e de temática libre, optarán a un premio de 500 euros.
O relato presentado deberá ter un máximo de sete páxinas en tamaño DIN A4, entreliñado a dobre espazo e letra Times New Roman 12. Os orixinais enviaranse por correo certificado ao enderezo establecido na convocatoria ou a través do mail enviando a alumni [at] alumniusc.com (alumni[at]alumniusc[dot]com).