Ir o contido principal

AlumniUSC organiza un seminario gratuíto sobre o proceso de emprendemento

‘Emprender e montar un negocio’ e o lema e a finalidade do seminario gratuíto que a mediados deste mes de marzo impartirá o avogado Víctor A. García Dopico, promovido pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AlumniUSC). Na Facultade de Dereito, celebrarase os días 19 e 20 de marzo na Aula 17 en horario de 17.00 a 19.00 horas.

O obxectivo desta acción formativa é axudar a titulados/as recentes ou estudantes nos últimos cursos a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas a través de ferramentas legais para levar o proxecto a bo termo. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición antes do 16 de marzo a través do correo electrónico alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.03.2018.