Ir o contido principal

Un alumno do colexio compostelán La Salle gaña o sexto concurso de relatos 'Como te imaxinas na USC?'

O alumno Francisco Liñeira González do Colexio La Salle de Santiago resultou gañador do VI Concurso de Relatos Curtos ‘Cómo te imaxinas na USC?’ co seu traballo Instrucións para saltar o barranco. O xurado concedeulle por unanimidade o primeiro premio, dotado cun portátil para el e outro para o centro, destacando a orixinalidade do enfoque da historia.
O relato O corazón de Compostela, do alumno Xaquín Abadín Mallo do Instituto Fontexería de Muros, foi merecedor da Mención pola súa visión abarcadora da vida universitaria. Recibirá como agasallo un teléfono móbil e outro para o centro educativo ao que pertence.
Os premios entregaranse o 10 de xullo no Auditorio de Galicia no acto público de recoñecemento aos mellores expedientes de bacharelato e PAAU de Galicia, que estará presidido polo reitor Senén Barro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2009.