Ir o contido principal

O alumno de Dereito Felipe Beiro Moreda, premio ao estudante mellor valorado nas prácticas do Consello Social

O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega nas universidades públicas de Galicia. FOTO: Santi Alvite
O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega nas universidades públicas de Galicia. FOTO: Santi Alvite
O recoñecemento consiste na entrega dun diploma acreditativo e nunha dotación económica de 1.500 euros
Lugo, Santiago de Compostela

O Consello Social da USC premiou ao alumno do dobre grao de Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos, Felipe Beiro Moreda, ao ser o estudante mellor valorado por parte do seu titor ou titora externa, na realización das súas prácticas. O premio consistirá na entrega dun diploma acreditativo e nunha dotación económica de 1.500 euros.

O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega nas universidades públicas de Galicia. Impulsa a colaboración coas universidades e a sociedade atendendo ás demandas docentes e investigadoras da súa contorna para contribuír ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural da Comunidade, á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e mais á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2022.