Ir o contido principal

O alumno da USC Antón Lombardero acada o segundo premio do certame Ensaia’12

O licenciado en Matemáticas e alumno do Máster en Matemáticas da USC, Antón Lombardero Ozores, foi galardoado co segundo premio do VI Certame ‘Teresa Pinillos’ de Divulgación Científica, coñecido como ‘Ensaia'12’, que organiza a asociación Nexociencia da Universidade de La Rioja. O traballo premiado, Unha ollada á biomatemática, trata as aplicacións da Matemática nos ámbitos biolóxico e médico. Lombardero fíxose ademais coa mención especial da Cátedra de Innovación, Nanotecnoloxía, Biotecnoloxía, Tecnoloxía da Información e Ciencia Cognitiva.

Antón Lombardero Ozores, autor do libro La atención a las necesidades educativas especiales en matemáticas, é na actualidade profesor do IES El Sueve (Arriondas).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2012.