Os alumnos de Comunicación Audiovisual amosarán este domingo no Festicurta as súas curtametraxes
Os alumnos da Licenciatura de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela amosarán este domingo 29 no Teatro Principal as curtametraxes realizadas ao longo do curso. Máis de 120 minutos de proxeccións compoñen a segunda edición do Festicurta, un festival audiovisual que pretende ser unha plataforma para os estudantes. Desde propostas máis autorais ata un western galego poderán verse no festival, que dará comezo ás 21:00 horas cun total de catorce curtas: S.O.S., dirixida por Lucía Abarrategui; MDA (Monstruo de Armario), de Nuria García; Bágoas de nai, de David Correa; Stan Kurdi, historia do fascismo cinematográfico, de Raquel Ramos; Xizeitor, de Iria Cabado e Olalla Pazos; No country for old santa, de Anxo F. Couceiro; Para sempre, de Cristina Astorgano; As relacións son difíciles, de Cibrán Tenreiro; A culpa é dos pais, de Daniel Villaverde; O morgado tivo un prezo, de Pedro Díaz; DNI: 34570691-E, de Daniel Calles; Limpieza semanal, de Ignacio Prados; Manzanas y plátanos, de Ana Valle, Alberto Mato, Víctor Mira e Diego A. Rodríguez; e Eres demasiado bueno para mi, de Enrique Lojo.