Alumnos do CPI de Castro Riberas de Lea visitaron o Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia
Un grupo de oitenta rapaces e mestres de educación infantil do CPI de Castro Riberas de Lea visitaron este luns 1, Día Internacional do Leite 2009, as instalacións do Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, emprazado en Lugo. Durante a visita, os alumnos coñeceron aspectos importantes da relación entre leite e saúde.
Alí explicáronlles ademais os diferentes tratamentos de transformación do leite en produtos como o queixo, os iogures ou os batidos. Así mesmo, participaron na elaboración de trufas e realizaron unha degustación de iogures.
Os escolares recibiron como lembranza unha camiseta conmemorativa e unha bolsa con produtos lácteos facilitados polas empresas colaboradoras Capsa, Casa Grande de Xanceda, Feiraco, Innolact, Lactalis Iberia e Leite Río.