Ir o contido principal

Os alumnos da EPS poderán utilizar terreos da empresa Xenética Fontao para a realización de investigacións e prácticas

Este é o obxecto dun acordo de colaboración que se asina este venres en Esperante

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo asinará con Xenética Fontao un acordo para que estudantes deste centro lugués poidan realizar prácticas en terreos da empresa.
A sinatura celebrarase nas instalacións que Xenética Fontao posúe na localidade de Esperante nun acto a celebrar a partir das 12:00 horas e no que participarán o director da EPS, Javier Bueno, e o director da empresa Alejandro Fernández Fernández. Tamén asistirán o delegado provincial de Medio Rural da Xunta de Galicia, Emilio López Pérez e o subdirector de Coordinación de Prácticas, Benigno Ruíz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.02.2007.