Ir o contido principal

Os alumnos de Formación do Profesorado de Lugo reciben os seus distintivos de diplomados

Un total de 150 alumnos graduaranse este venres 26 na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, nun acto que dará comezo ás 17:00 horas no salón de actos deste centro e que será presentado por Rubén Sotelo.
Nesta ocasión actuará como padriño da promoción o profesor Ramón López Rodríguez, que pronunciará a conferencia ‘Algunhas ideas de educación ambiental para a sociedade de hoxe’.
No acto intervirán tamén os representantes de alumnos de cada unha das titulacións, Lucía Pérez Casas (Educación Infantil), Pablo Arias Fernández (Lingua Estranxeira), Santiago Quiroga García (Educación Física) e Silvia Rouco López (Educación Primaria).
Tras os seus discursos, Lina Gómez presentará unha mostra fotográfica e o director do centro, Modesto Rodríguez Neira, intervirá logo da entrega de insignias aos diplomados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2009.