Ir o contido principal

Alumnos franceses de intercambio visitarán o Campus de Lugo

Un total de 28 alumnos do colexio Caterane de Burdeos, que se atopan na cidade realizando un intercambio no Colexio San José, visitarán este luns 18 o Campus de Lugo convidados polo programa A Ponte.
Con esta iniciativa preténdese que durante a súa estadía os rapaces coñezan as instalacións que a USC ten en Lugo. A visita comezará ás 12:00 horas na Biblioteca Intercentros e despois de percorrer diferentes espazos do campus rematará no Hospital Veterinario Rof Codina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2007.