Os alumnos de primeiro curso de Xornalismo rememoran a Poe
Os alumnos de primeiro curso de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación celebran este luns, día 19, unha homenaxe ao literato e xornalista estadounidense Edgar Allan Poe con motivo do segundo centenario do seu nacemento.
No acto, que terá lugar ás 12:00 horas na aula de visionado 1 do centro, farase unha breve exposición sobre a vida do autor -destacando sobre todo o seu labor xornalístico- para continuar coa lectura dalgúns dos seus relatos e poemas máis coñecido. Con títulos como O gato negro, O corazón delator ou O Corvo os alumnos lembrarán a pluma tétrica e afiada do mestre do relato curto.