Ir o contido principal

Álvaro Cunqueiro pecha o martes en Santiago as xornadas sobre viño e cultura galega

As Xornadas sobre Viño e Cultura Galega que coordina o profesor da USC Xavier Castro coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia chegan o martes 25 ao seu fin nunha sesión dedicada a Álvaro Cunqueiro. Será ás 20.00 horas na Cafetaría do CGAC cando, á vez que se proban caldos de adegas galegas, o profesor Castro disertará acerca da relación entre o escritor galego, moi vinculado á gastronomía, e o viño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2013.