Ir o contido principal

Ampliado o prazo de inscrición no programa Xuventude Mentoring

Esta convocatoria pretende asesorar, formar e impulsar a mocidade cara a inserción laboral. Foto: Santi Alvite
Esta convocatoria pretende asesorar, formar e impulsar a mocidade cara a inserción laboral. Foto: Santi Alvite
Estenderase ata o próximo 11 de marzo

A quinta edición do programa Xuventude Mentoring acaba de ampliar ata o vindeiro luns 11 o prazo para participar nesta convocatoria cuxa finalidade é asesorar, formar e impulsar a mocidade cara a inserción laboral. Esta é unha acción formativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria (CIXUG), que integran as tres universidades públicas galegas co obxectivo de apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao ou de formación profesional superior. Deste xeito, a mocidade pode ter un primeiro contacto coa súa área de coñecemento en termos laborais e profesionais e dar os primeiros pasos na creación dunha rede de contactos propia,  co apoio permanente e continuo dun equipo de persoas titoras que acompañan todo o proceso.

Cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), esta nova edición contará con 250 prazas dirixidas á mocidade de entre 18 e 30 anos inscrita en Garantía Xuvenil. Todas as persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/ e o prazo para facelo manterase aberto ata o 11 de marzo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2024.