Ir o contido principal

Ampliado o prazo de matrícula nos cursos de idiomas do segundo semestre

Dirixida á comunidade universitaria así como a calquera persoa maior de 16 de anos interesada, a oferta de cursos dispón de distintas alternativas de horario en función do idioma elixido así como distintos emprazamentos. FOTO: Santi Alvite
Dirixida á comunidade universitaria así como a calquera persoa maior de 16 de anos interesada, a oferta de cursos dispón de distintas alternativas de horario en función do idioma elixido así como distintos emprazamentos. FOTO: Santi Alvite
As persoas interesadas disporán dunha semana máis para realizar a súa matrícula nalgún dos cursos ofertados nos campus de Santiago e Lugo

O Centro de Linguas Modernas amplía ata o 11 de febreiro o prazo de matrícula dos seus cursos para o segundo semestre. As persoas que non teñen asignado nivel de coñecemento do idioma conforme ao CLM ou á EOI nos dous últimos anos, deben contactar co Centro de Linguas da USC a través do correo electrónico clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal).

Alemán, checo, chinés, francés, inglés, portugués, italiano, catalán, español como lingua estranxeira, galego para non galegofalantes e xaponés son os idiomas que oferta o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM)  nos campus de Santiago e Lugo para este segundo semestre do curso 19/20. Dirixida á comunidade universitaria así como a calquera persoa maior de 16 de anos interesada, a oferta de cursos dispón de distintas alternativas de horario en función do idioma elixido así como distintos emprazamentos.

No caso dos test de nivel para chino e xaponés, realizaranse o día 12 na Aula de Linguas B da Facultade de Dereito a partir das 19.00 horas para o primeiro destes idiomas e o día 13 na Aula B7 da Facultade de Filoloxía a partir das 16.30 horas na xaponés.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2020.