Ana Vázquez e Aitana Caride recolleron os premios á excelencia nos estudos de Odontoloxía
Os galardóns son outorgados pola Conferencia de Decanos/as e Directores Académicos das Facultades de Odontoloxía de España (CRADO)
Santiago de Compostela
A Conferencia de Decanos/as e Directores Académicos das Facultades de Odontoloxía de España (CRADO) entregou os premios á excelencia nos estudos de Odontoloxía. Por parte da USC, recolleron o seu galardón as alumnas Ana Vázquez Bouzo, do curso 2019-20, e Aitana Caride Quiroga, do 2020-21.
O doutor Mariano Sanz actuou como padriño de promoción nun acto que se desenvolveu na Universidade Complutense de Madrid e que constitúe un recoñecemento para aqueles estudantes co mellor expediente académico da súa promoción.