Ir o contido principal

A análise da evolución técnica no cine centra unha nova sesión do programa de actividades conmemorativas do Ano Darwin

A evolución será o argumento central dunha nova sesión do ciclo de actividades cos que a USC conmemora en 2009 o Ano Darwin. Nesta ocasión, o tema a tratar será ‘A evolución da técnica no cinema’, da man do catedrático da USC Luis Hueso.
Esta nova xornada, prevista para este martes 28, Luis Hueso fará un percorrido ao longo da historia do cine amosando exemplos de como a mediación técnica foi un soporte fundamental para a propia evolución da narrativa cinematográfica.
No transcurso da súa intervención, que dará comezo ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (e na Sala de Prensa do Pazo de Montenegro –Vicerreitoría do Campus de Lugo- por videoconferencia), o profesor Hueso ilustrará o seu discurso con abundantes mostras da historia da cinematografía, dende Viaje a la luna ata Matrix, pasando por Amanecer, King Kong, El increible hombre menguante ou 2001. Una odisea en el espacio. O obxectivo é amosar a incidencia da evolución técnica nos modos de facer e comprender o cinema.
A intervención pódese seguir por internet con Windows Media Player o VLC a través da ligazón mms://mmedia.usc.es/darwin.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2009.