Ir o contido principal

Analizan os aspectos xurídicos da internacionalización das empresas

A Rede Empresa e Administración acolle o 5 de novembro unha xornada internacional en Dereito

A Facultade de Dereito acollerá o vindeiro 5 de novembro unha xornada na que se analizarán as principais novidades xurídicas de interese para as empresas que queiran internacionalizarse.

A xornada comezará cunha presentación sobre a estratexia de internacionalización da empresa galega 2020 da man do director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera Navarro, e do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño.

A continuación celebrarase unha mesa redonda que afondará nas políticas e mecanismos públicos, gremiais e financeiros de apoio á internacionalización da empresa. Nela intervirán representantes da CEG, da Confederación Española de Organizacións Empresariais, do Instituto de Comercio Exterior, do IGAPE e do BBVA. A xornada continuará con dous paneis de expertos que se centrarán nos aspectos fiscais, laborais, administrativos e mercantís.

O encontro rematará con diversas videoconferencias en directo con expertos xuristas que analizarán o marco xurídico da inversión en Brasil, Chile, Colombia, México, Panamá e Perú, aos que se lle poderán formular preguntas a través do email cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2015.