Ir o contido principal

Analizan en Historia a emigración galega e as novas ferramentas para os estudos da mobilidade

A Cátedra Unesco sobre Migracións da USC desenvolve este venres 13 a décima edición do seu ciclo de conferencias. Será María Teresa García Domínguez quen inaugure a sesión ás 10.00 horas na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia cun relatorio no que explicará o papel do Arquivo da Emigración galega como centro referencial para a análise dos movementos migratorios en Galicia.

Seguiranlle o profesor da USC Domingo L. González Lopo coa conferencia ‘A emigración nun arquivo familiar’ e Carolina García Borrazás, do Arquivo da Emigración Galega, con ‘O papel da emigración galega na construción do Canal de Panamá (1904-1914)’.

O último dos relatorios versará sobre as novas ferramentas que ofrece internet para os estudos de mobilidade e correrá a cargo de Israel Sanmartín Barros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2015.