Ir o contido principal

Analizan a situación socioeducativa da infancia 25 anos despois da Convención dos seus dereitos

Analizan a situación socioeducativa da infancia 25 anos despois da Convención dos seus dereitos
Analizan a situación socioeducativa da infancia 25 anos despois da Convención dos seus dereitos
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

En setembro de 1990 entrou en vigor a Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas que aprobara un ano antes a Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Para analizar a situación socioeducativa da infancia 25 anos despois deste tratado a Universidade de Santiago organiza os días 20 e 21 de xullo un curso de verán na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). O prazo de matrícula remata o 10 de xullo. Trátase de estudar o papel da educación no desenvolvemento da Convención e a evolución de nenos e nenas como suxeitos de dereitos, e para iso desenvolveranse sete relatorios e unha mesa redonda nos que intervirán, ademais de docentes universitarios, o presidente de UNICEF Comité Español, Carmelo Angulo Barturen, ou a subdirectora da Unidade externa de nais ‘Jaime Garralda’ da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarías do Ministerio do Interior, Estrella Carrasco Fernández, entre outros especialistas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2015.