Ir o contido principal

Analizan na USC as demandas da economía social á universidade

Analizan na USC as demandas da economía social á universidade
Analizan na USC as demandas da economía social á universidade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC desenvolveu o I Encontro Universidade-Economía Social, no que participou persoal investigador, alumnado e representantes da administración autonómica e entidades representativas do sector.

A xornada dou comezo coa intervención do catedrático Manuel Botana, presidente científico do CECOOP, que destacou como obxectivo do encontro a identificación das necesidades que a Economía Social poida demandar da Universidade. Neste senso, presentáronse liñas de investigación e ferramentas docentes que favorecen a introdución da Economía Social na capacitación do alumnado. Neste debate, as entidades representativas demandaron que esa realidade económica sexa incluída no currículo formativo universitario.

Na xornada púxose ademais en valor a cooperación entre a academia e a economía social que favoreza a visibilización deste sector vertebrador transcendente para a sustentabilidade do país.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2018.