Ir o contido principal

Ángel Faraldo e Hugo Morales presentan este martes a súa música electrónica analóxica na Casa do Saber

Ángel Faraldo diante dunha mesa de mesturas, nunha imaxe de arquivo
Ángel Faraldo diante dunha mesa de mesturas, nunha imaxe de arquivo
O concerto comezará ás 20.00 horas e a entrada será de balde para todos os asistentes

O ferrolán Ángel Faraldo e o mexicano Hugo Morales Murguía ofrecerán este martes, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, un concerto de música electrónica analóxica.

Esta actuación servirá para que tanto Faraldo como Morales Murguía, dous dos expoñentes das novas procuras que unen arte e tecnoloxía, presenten o seu repertorio ante o público lugués. Nesta dobre proposta artística mestúranse liñas de traballo que, dun xeito ou doutro, parten da música electrónica analóxica. Ángel Faraldo é un músico experimental interesado na exploración emprega unha mesa de mesturas para xerar toda sorte de sons coa retroalimentación electrónica da propia mesa, mentres que o rango de ferramentas usado por Morales Murguía nos seus concertos vai desde instrumentos tradicionais alterados física e/ou de xeito electrónico ao traballo con obxectos rudimentarios amplificados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2013.