Un ano de Voz en Compostela, nova mostra no Colexio de Fonseca
Os acontecementos máis significativos acaecidos en Compostela e captados polas cámaras dos fotógrafos do diario La Voz de Galicia volven un ano máis ao Colexio de Fonseca para conformar a mostra ‘Compostela, un ano de Voz 2008’ que estará aberta ao público ata o 11 de decembro.
A exposición, unha produción do xornal en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura, inaugurarase este xoves, día 27, ás 20:00 horas, nun acto ao que, ademais dos fotógrafos autores, asiste o reitor da USC, Senén Barro; a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado; e o director de La Voz de Galicia, José Luis Vilela.
Neste ano 2008 cúmprese a décimo primeira edición dunha mostra que é xa cita obrigada xa dentro deste xénero do fotoxornalismo e na que as fotos levan a sinatura de Xoan A. Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Paco Rodríguez.