Ir o contido principal

Antigos Alumnos da USC entrega este martes o Premio Relato Curto nun acto literario

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni) celebra este martes 22 a entrega do XII Premio de Relato Curto a Rocío Leira Castro (Cee, 1979) polo traballo ‘Paxaros caídos’. Será ás 19.30 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía (Mazarelos).

Nesta edición o xurado estivo formado polo xornalista Xesús Fraga, a médica Raquel Fernández, a gañadora da anterior edición, María González, e Mª del Mar Fernández, representante de Alumni USC. Todos e todas asistirán ao acto, no que tamén participarán o director territorial de HM Hospitales, patrocinador do premio, Rafael Silva; e o escritor compostelán Héctor Cajaraville, que charlará sobre o xénero do relato curto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.05.2018.