Antonio López recibe ao profesor Klaus Von Gadow, que se incorpora este venres á orla de doutores ‘honoris causa’ da USC
O reitor da USC, Antonio López, ofreceu unha recepción institucional ao profesor doutor Klaus von Gadow, actualmente profesor emérito de la Georg Ausgust University de Göttingen (Alemania), que o vindeiro venres 28 de xuño será investido doutor ‘honoris causa’ pola USC, a proposta da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo.
Acompañado do catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Juan Gabriel Álvarez, Klaus von Gadow mantivo un encontro co reitor da USC para logo asinar no libro de honra da institución académica compostelá, un acto simbólico no que tamén estivo presente a Secretaria Xeral da USC, Dulce García Mella.
Logo desta visita a Compsotela, Klaus von Gadow, mantivo tamén este mércores un encontro coa vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel. Nesta xuntanza, na que tamén participou Juan Gabriel Álvarez, o Von Gadow lembrou a súa xa longa vinculación coa sede universitaria luguesa, unha relación que comezou en 1997, data na que completou unha estadía de seis meses na EPS de Enxeñaría.
Este primeiro contacto de Klaus von Gadow co campus de Lugo a finais da década dos anos 90, cando era director do Instituto de Inventario Forestal e Crecemento Forestal da Universidade de GöttiNgen, foi o impulso decisivo para que a USC establecera un convenio de intercambio coa universidade alemá, a través do que moitos investigadores, docentes e doutores completan e amplían a súa formación nesta universidade de Alemaña.
Klaus von Gadow, con Montserrat Valcárcel, na Vicerritoría de Coordinación do campus de Lugo