Ir o contido principal

Antonio Mosquera González, novo director da ETSE

Antonio Mosquera González, novo director da ETSE
Antonio Mosquera González, novo director da ETSE

O profesor do Departamento de Electrónica e Computación Antonio Mosquera González resultou elixido este xoves novo director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría por 36 votos a favor, 5 en contra e 6 en branco. O equipo de dirección confórmano ademais Francisco Omil Prieto, do Departamento de Enxeñaría Química, como subdirector e Purificación Cariñena Amigo, do Departamento de Electrónica e Computación, como secretaria. Antonio Mosquera sucede no cargo ao profesor Juan Lema Rodicio, director do centro dende o ano 2003.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2012.