Ir o contido principal

A apertura de bibliotecas en horario extraordinario estenderase entre o 16 de abril e o 20 de xullo

Entre o 2 de maio e o 18 de xuño a Biblioteca Concepción Arenal, na imaxe, abrirá 24 horas ao día
Entre o 2 de maio e o 18 de xuño a Biblioteca Concepción Arenal, na imaxe, abrirá 24 horas ao día

O próximo luns 16 as bibliotecas da USC iniciarán o período de apertura con horario extraordinario por mor do período de exames e que se estenderá entre o presente mes de abril e o de xullo.

Do 16 de abril ao 1 de maio
Na primeira quenda, do 16 de abril ao día 1 de maio abrirán as bibliotecas Concepción Arenal, en Santiago, de luns a venres de 8.30 a 3.00 horas e en fin de semana e festivos de 10.00 a 3.00 horas e a Intercentros de Lugo con idéntico horario de apertura.

Do 1 de maio ao 18 de xuño
No período comprendido entre o 2 de maio e o 18 de xuño a Biblioteca Concepción Arenal estará aberta permanente, mentres que a Intercentros de Lugo manterá o horario de 8.30 a 3.00 horas durante a semana (dende o día 1 e xuño de 9.00 a 3.00 horas) e de 10.00 a 3.00 horas en fins de semana e festivos. Reforzando estes dous centros, ao longo de todo o mes de maio sumarase a Sala de Lectura da Facultade de Dereito que permanecerá aberta de luns a domingo ata ás 0.00 horas. Ademais, entre o 1 de maio e o 17 de xuño tamén abrirán con horario extraordinario en fins de semana e festivos a Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a Biblioteca Xeral e a Sala de Lectura de Dereito, de 10.00 a 22.00 horas.

Do 18 de xuño ao 20 de xullo
No tramo final deste período de exames, abrirán con horarios extraordinarios a Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a Biblioteca Xeral e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito, ademais de nos seus horarios habituais, en fins de semana e festivos de 10.00 a 22.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2018.