Ir o contido principal

A apertura das bibliotecas en horario extraordinario esténdese do 4 de decembro ao 25 de xaneiro

A Biblioteca Intercentros de Lugo tamén amplía o seu horario. FOTO: Santi Alvite
A Biblioteca Intercentros de Lugo tamén amplía o seu horario. FOTO: Santi Alvite
Intercentros de Lugo, Concepción Arenal, Xeral, Ciencias Económicas e Empresariais e Dereito reforzan o seu servizo á comunidade universitaria
Lugo, Santiago de Compostela

O período de apertura das bibliotecas da USC en horario extraordinario bota a andar o luns 4 de decembro. Deste xeito, poderá accederse en horario estendido ás 952 prazas da Biblioteca Concepción Arenal e ás 938 da Biblioteca Intercentros de Lugo. Tamén se habilitan como reforzo dous espazos adicionais: a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais con 358 prazas, así como a sala de lectura da Facultade de Dereito con 700 prazas. Ambas as salas presentan posibilidade de ampliación. A esta oferta engádese a Biblioteca Xeral que durante as semanas de Nadal estará aberta en horario de 9.00 a 20.30 horas, de luns a venres.

Na semana do 4 ao 22 de decembro, a  Biblioteca Concepción Arenal abrirá as súas portas de 8.30 a 22.00 horas, de luns a domingo. No caso da Biblioteca Intercentros de Lugo o horario irá dende as 8.30 ás 0.00 horas, tamén de luns a domingo. O 23 de decembro o horario estenderase de 10.00 a 19.30 horas nos dous centros; o 24 de decembro, de 8.30 a 15.00; e o 25 de decembro ambas as bibliotecas permanecerán pechadas. Pola súa parte, a Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais abrirá  de 8.30 a 22.00 horas, de luns a domingo; mentres que Dereito farao de 8.30 a 3.00.

Do 26 ao 29 de decembro, a Concepción Arenal e a Intercentros de Lugo abrirán de 9.00 a 22.00. O 30 de decembro o horario será de 10.00 a 19.30 horas; o 31 de decembro, de 8.30 a 15.00; e o 1 de xaneiro, ambas as bibliotecas permanecerá pechadas. Pola súa parte, a Xeral prestará servizo dende as 9.00 ás 20.30.

Do 2 ao 5 de xaneiro de 2024, os horarios abranguen de 9.00 a 22.00 horas (Concepción Arenal e Intercentros), de 9.00 a 20.30 (Xeral) e de 9.00 a 3.00 (Sala de lectura da Facultade de Dereito). Entre o 6 e o 21 de xaneiro de 2024, a apertura estenderase de 8.30 a 0.00 (Concepción Arenal e Intercentros), de 8.30 a 0.00 (Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais) e as 24 horas no caso de Dereito.

Finalmente, do 22 ao 25 de xaneiro, Concepción Arenal e Biblioteca Intercentros de Lugo abrirán de 8.30 a 22.00, de luns a domingo. A biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais farao de 8.30 a 22.00 e a  Sala de lectura da Facultade de Dereito, de 8.30 a 0.00.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2023.