Ir o contido principal

Apoio á ILP na defensa da Filosofía no currículo de ensino medio

Apoio á ILP na defensa da Filosofía no currículo de ensino medio
Apoio á ILP na defensa da Filosofía no currículo de ensino medio
A Facultade organizou este martes un acto simbólico de recollida de sinaturas

Persoal docente e estudantado da Facultade de Filosofía da USC recolleu este mediodía sinaturas en favor da Iniciativa Lexislativa Popular (IPL) presentada no Parlamento de Galicia hai un mes por un grupo de docentes en reivindicación da Filosofía no ensino medio.

A Xunta de Facultade decidiu por unanimidade subscribir e apoiar a IPL para a súa defensa no Parlamento esixindo a obrigatoriedade de Historia da Filosofía como materia troncal do Bacharelato en Galicia, suprimida do currículo pola coñecida como ‘Lei Wert’.

“A Filosofía –di o comunicado aprobado no centro– achega unha dimensión fundamental na formación das e dos cidadáns, polo que tamén se insta ao Ministerio de Educación do Goberno do Estado a propiciar, nos traballos para o denominado ‘Pacto Educativo’, un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2017.