Ir o contido principal

Unha aposta de altura

Valcárcel, Varela Zapata e Castro, con técnicos da empresa que xestiona o rocódromo de Lugo
Valcárcel, Varela Zapata e Castro, con técnicos da empresa que xestiona o rocódromo de Lugo
O rocódromo de Lugo, que xestiona a empresa Climbing Planet, ofrece á comunidade universitaria vantaxes semellantes aos deportistas federados

O rocódromo de Lugo, unha instalación de nova instalación no Pazo de Feiras e Congresos da capital amurallada e que está chamada a ser un referente para os afeccionados a esta disciplina deportiva, ao ser un dos rocódromos máis altos de España e tamén de Europa, busca fomentar esta práctica entre a comunidade universitaria, razón pola que ofrece a todos os membros da USC as mesmas vantaxes que aos deportistas federados, que gozan de descontos económicos de preto do 20% respecto das demais persoas usuarias.

A empresa encargada da xestión destas instalacións deportivas de vangarda instaladas na capital luguesa deron conta este xoves da iniciativa no marco da visita realizada ao rocódromo de Lugo por parte da vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, o adxunto para Estudantes, Internacionalización Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, e o responsable da Área de Deportes da USC na sede universitaria luguesa, Jesús Castro.

O acordo acadado entre a empresa Climbing Planet, a firma que xestiona o rocódromo de Lugo, e a USC entra en vigor a partir deste sábado 1 de febreiro. Daquela, as persoas ligada á USC interesadas en facer uso destas modernas instalacións que xa recibiron máis de 6.500 usuarios desde a súa apertura o outono pasado e que nos vindeiros meses acubillará dous campionatos nacionais de escalada, deberán presentar a súa tarxeta universitaria TUI.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.01.2020.