Ir o contido principal

Aprázase o TechDay Tour2013 na Universidade de Santiago

A xornada TechDay Tour2013 organizada por Microsoft coa colaboración de RedEmprendia e a propia USC prevista para o día 8 aprázase ata o 19 de novembro. O rexistro para asistir, totalmente gratuíto, está aínda aberto. Dirixida a estudantes, novos/as emprendedores/as e profesionais, o evento inclúe diferentes sesións temáticas, programadas en función do perfil profesional dos/as asistentes, sobre deseño de aplicacións, emprendemento e as últimas plataformas e ferramentas de desenvolvemento da compañía americana.

Ademais de Santiago, o TechDay Tour 2013 de Microsoft recorrerá nos próximos meses outras cinco cidades españolas: Barcelona, Bilbao, Valencia, Sevilla e Logroño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2013.